Bono Cultura Xunta
Bono Cultura Xunta

Bono Cultura Xunta

A Xunta aproba un Bono Cultura que mobilizará 4 M€ nos establecementos e entidades culturais e ofrecerá descontos do 50% aos clientes, estes bonos de ata 50 € chegarán a 39.000 persoas que os poderán empregar nos establecementos adheridos para mercar produtos audiovisuais, libros ou videoxogos, así como para a compra de entradas para calquera tipo de espectáculo ou institución cultural.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación do Bono Cultura que mobilizará 4M€ nas entidades e establecementos culturais de Galicia e ofrecerá descontos do 50% aos clientes.

Tras a súa aprobación en Consello, Feijóo explicou que o que se persegue con este bono é incentivar a demanda cultural, dinamizar o consumo seguro e favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto da covid-19. Para acadalo, a iniciativa contará cun orzamento de 1,95 M€.

A este respecto, o presidente da Xunta sinalou que estes bonos de ata 50 € chegarán a 39.000 persoas que os poderán empregar nos establecementos adheridos para mercar produtos audiovisuais en formato físico, libros ou videoxogos, así como para a compra de entradas para cine, concertos e espectáculos de teatro e artes escénicas, entre outras. Poderanse descargar, dixo, a través dunha páxina web que se habilitará proximamente e onde se emitirán os cupóns en formato dixital a través dun código QR.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que o importe de cada compra reducirase nun 50% ata esgotar o saldo do bono e que o período de validez dos bonos será desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro.

En relación as entidades interesadas, Feijóo informou de que só terán que rexistrarse na mesma web que os potenciais consumidores do bono e deberán estar dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) recollidos na orde da convocatoria Bono Cultura que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os Dejamos el Enlace a la NOTICIA DE LA XUNTA.