Cursos Gratuitos Hosteleria
Cursos Gratuitos Hosteleria

Cursos Gratuitos Hosteleria

A Xunta de Galicia, en colaboración coas asociacións de hostaleiros, está a deseñar o contido desta formación así como a acreditación da súa superación, cuns requisitos que se darán a coñecer nos vindeiros días, Para poder obter a acreditación do nivel, os cursos que reciba o persoal do sector terán que estar avalados por Sanidade.Estes requisitos daranse a coñecer nos próximos días e contemplarán os contidos da formación básica e da formación avanzada requerida para que os establecementos poidan clasificarse como locais de Tipo 1c (unha cunchiña), que son os que asumen os requisitos básicos esixidos pola Xunta, ou locais de Tipo 2c (dúas cunchiñas), que son os que cumprirán, ademais, unha serie de requisitos adicionais. Nas vindeiras xornadas informarase tamén das posibilidades para impartir esta formación e acreditar a súa superación, así como do momento no que comezarán a ser esixibles por parte da inspección de saúde pública, garantíndose en todo caso, un prazo razoable para que todo o persoal do sector poida realizalos.A duración destes cursos será de dúas horas para os locais de Tipo 1c e de catro horas para os de Tipo 2c.

Enlace a la Noticia